Noticias y alertas

O mércores 29 de outubro abre o prazo para anotarse na actividade ‘Mentes en Calma’

28/10/2025

O Concello de Guitiriz abre este mércores, 29 de outubro, o prazo de inscrición na actividade ‘Mentes en Calma’, unha proposta destinada a traballar aspectos como a autoestima, a relaxación, a calma, a meditación e o autocoñecemento.


As inscricións estarán abertas ata o vindeiro 10 de novembro ou ata completar o aforo dispoñible, sendo necesario un mínimo de 10 participantes para a realización da actividade. As persoas interesadas poderán anotarse de xeito presencial no Concello ou a través da Sede Electrónica, cubrindo a solicitude dispoñible na páxina web municipal.


Esta actividade, que xa se desenvolveu con éxito en anos anteriores, contará con dúas sesións ao mes, que terán lugar os martes a partir das 18:30 horas, cunha duración aproximada de unha hora e cuarto cada sesión. As sesións darán comezo o 18 de novembro e prolongaranse ata o 14 de abril, celebrándose na Casa Barxa.


Con esta proposta, o Concello de Guitiriz busca ofrecer ferramentas para xestionar a ansiedade e a frustración, fomentar a calma interior e mellorar o autoconcepto e a autoestima, empregando metodoloxías baseadas no mindfulness, a creatividade, a meditación e o autocoñecemento.


SOLICITUDE MATRÍCULA MENTES-AULA CALMA


O artigo O mércores 29 de outubro abre o prazo para anotarse na actividade ‘Mentes en Calma’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies