Noticias e alertas

O dúo cómico Sobria e Serena actuarán na Escola Habanera polo 25N

30/10/2025

O Concello de Guitiriz contará cunha actuación moi especial con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. O dúo cómico Sobria e Serena achegarase á Escola Habanera para presentar o seu espectáculo “El chou”, unha proposta cargada de humor, reflexión e perspectiva de igualdade.


A actuación celebrarase o martes 25 de novembro ás 19:30 horas, e a entrada será de balde ata completar aforo.


Sobria e Serena son os nomes artísticos das actrices e cómicas viguesas Arantxa Reus e Jazmín Abuín, que con “El chou” ofrecen un espectáculo innovador e divertido no que convidan ao público a acompañalas nun percorrido pola súa vida e pola súa particular visión do mundo. A risa convértese na protagonista principal, sempre dende un enfoque comprometido coa igualdade.


Esta proposta forma parte do programa polo 25N do Concello de Guitiriz.


O artigo O dúo cómico Sobria e Serena actuarán na Escola Habanera polo 25N publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies