Noticias y alertas

Listado de persoas admitidas e en lista de agarda do 2º prazo de inscrición nas actividades das Escolas Deportivas Municipais 2025/2026

31/10/2025

Consulta o listado de persoas admitidas e en lista de agarda do 2º prazo de inscrición nas actividades das Escolas Deportivas Municipais 202/2026. O listado tamén inclúe o día de inicio e hora de cada actividade, os horarios e o lugar de realización das mesmas.


Os listados das persoas admitidas e en lista de agarda están elaborados por actividade e por rigorosa orde de rexistro de entrada.


As persoas admitidas que se queiran dar de baixa, antes de empezar a actividade, poden facelo ata o venres 31 de outubro pero están obrigadas a aboar a cota de matrícula igualmente.


No caso de haber baixas nos distintos grupos, as prazas vacantes iranse cubrindo coas persoas da lista de agarda por rigorosa orde de rexistro de entrada.


No grupo de “Zumba” Infantil non saen o listado de admitidos/as debido a que non se chega ao número mínimo de participantes para realizar a actividade.


E o Grupo 1 da actividade de Pádel tampouco se vai levar a cabo, debido a que non hai participantes interesados/as neste horario.


LISTADO 2º PRAZO INSCRICIÓN PERSOAS ADMITIDAS-LISTA DE AGARDA ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2025-2026



O artigo Listado de persoas admitidas e en lista de agarda do 2º prazo de inscrición nas actividades das Escolas Deportivas Municipais 2025/2026 publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies