 
31/10/2025
O Concello de Guitiriz abrirá o próximo luns, 3 de novembro, o prazo de inscrición para participar nunha viaxe á localidade portuguesa de Águeda, organizada para visitar as súas recoñecidas luces de Nadal.
A excursión, organizada por Lucsa Viaxes coa colaboración do Concello, realizarase do 9 ao 11 de decembro e ofrece unha oportunidade única para gozar do ambiente do Nadal desta localidade portuguesa, coñecida pola súa decoración e as súas luces. A saída está programada para o día 9 de decembro ás 7:30 horas desde o Campo da Feira de Guitiriz.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o mércores 12 de novembro e poderá formalizarse de xeito presencial na Oficina de Turismo do Concello de Guitiriz. As prazas son limitadas e será necesario un mínimo de 40 persoas inscritas para realizar a viaxe, tendo preferencia as persoas empadroadas no municipio.
O prezo da viaxe é de 250 euros por persoa en habitación dobre, cun suplemento de 60 euros no caso de escoller habitación individual. O prezo inclúe pensión completa nun hotel de catro estrelas en Águeda, excursións locais en Águeda, Coimbra e Aveiro, guía acompañante, seguro de viaxe e traslados en autobús.
Para máis información, as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 982 37 01 09.
O artigo Guitiriz abre o luns 3 de novembro o prazo de inscrición para a viaxe á localidade portuguesa de Águeda para visitar as luces de Nadal publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies