Noticias e alertas

O programa ‘BTTeando por Guitiriz’ celebrará este domingo, 16 de novembro, a súa penúltima saída do ano

10/11/2025

O programa ‘BTTeando por Guitiriz’ volve este domingo, 16 de novembro, coa que será a penúltima saída desta sétima edición. Nesta ocasión, será a quenda da Ruta Gravel Guitiriz, unha proposta pensada para todos os públicos e niveis de experiencia.


A actividade, organizada polo Concello de Guitiriz coa colaboración do club Btteiros Cova da Serpe, ofrecerá un percorrido de arredor de 20 quilómetros por distintas pistas de terra do municipio, permitindo ás persoas participantes descubrir a beleza natural e paisaxística da zona.


A saída está prevista ás 10:00 horas desde o Campo da Feira de Guitiriz e poderá participar calquera persoa interesada. As inscricións permanecerán abertas ata o xoves, 13 de novembro, a través do formulario en liña dispoñible escaneando o código QR do cartel da actividade.


Penúltima saída do ‘BTTeando por Guitiriz’


A Ruta Gravel Guitiriz será a penúltima cita desta edición do programa, que pechará o ano coa tradicional Ruta de Nadal, prevista para o 14 de decembro. En caso de que se produzan inclemencias meteorolóxicas ou outras causas xustificadas, as datas poderán modificarse, informando sempre con antelación suficiente ás persoas participantes.


O artigo O programa ‘BTTeando por Guitiriz’ celebrará este domingo, 16 de novembro, a súa penúltima saída do ano publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies