Noticias y alertas

O Concello de Guitiriz abre un novo prazo de inscrición para un segundo grupo da actividade ‘Mentes en calma’

17/11/2025

O Concello de Guitiriz anuncia a creación dun segundo grupo da actividade Mentes en calma, unha iniciativa que busca fomentar o benestar emocional e que, debido ao gran número de solicitudes recibidas, amplía agora a súa oferta para dar cabida a máis participantes.


A actividade, centrada no traballo da autoestima, a relaxación, a calma, a meditación e o autocoñecemento, proporciona ferramentas útiles para xestionar a ansiedade, a frustración e favorecer a creatividade.


As inscricións para este novo grupo abriranse este xoves, 20 de novembro, e permanecerán abertas ata o 5 de decembro ou ata completar aforo. Para a creación deste segundo grupo será preciso acadar un mínimo de 10 participantes.


O programa contará cun total de 10 sesións, organizadas en semanas alternas, cunha duración de unha hora e cuarto cada unha. As sesións celebraranse os martes ás 18:30 horas. A actividade comezará o 9 de decembro e prolongarase ata o 19 de maio.


As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición de maneira presencial no Concello ou a través da Sede Electrónica, cubrindo a solicitude dispoñible na páxina web municipal.


O artigo O Concello de Guitiriz abre un novo prazo de inscrición para un segundo grupo da actividade ‘Mentes en calma’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies