17/11/2025
O pasado domingo, 16 de novembro, celebrouse a penúltima saída da sétima edición do programa ‘BTTeando por Guitiriz’, organizado polo Concello de Guitiriz coa colaboración do Club Btteiros Cova de Serpe.
A actividade, en formato ruta de gravel, contou coa participación de preto de vinte persoas que, malia ás chuvias presentes durante toda a tarde, completaron un percorrido de aproximadamente 20 quilómetros polas pistas próximas ao concello, marcadas polas cores propias do outono.
O itinerario permitiu atravesar e descubrir diferentes paraxes e lugares de interese, entre eles Santa Mariña e Pardiñas. Na metade da ruta realizouse unha parada de avituallamento que axudou ás persoas participantes a recargar forzas antes de continuar coa marcha.
O próximo 14 de decembro terá lugar a derradeira saída desta sétima edición, coa tradicional Ruta de Nadal, coa que se porá o broche final ao programa deste ano.
O artigo A Ruta de Gravel de Guitiriz reúne a preto de vinte participantes na penúltima saída da sétima edición do ‘BTTeando por Guitiriz’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies