Noticias y alertas

O Concello de Guitiriz mellora os accesos na parroquia de Santa Leocadia a través do Plan Camiña Rural

18/11/2025

O Concello de Guitiriz vén de rematar diversas actuacións de mellora viaria na parroquia de Santa Leocadia. En concreto, levouse a cabo a renovación de dous quilómetros da estrada que comunica os núcleos de Carballedo, Aldar e Cabana, aplicando un novo aglomerado que permite optimizar o tránsito e garantir un acceso máis seguro para a veciñanza.


Estas intervencións están incluídas no Plan Camiña Rural 2025-2026 e contaron cun investimento total de 108.887,02 €, destinado a mellorar o estado de vías que, polo paso do tempo, presentaban un notable deterioro.


Deste xeito, o Concello continúa executando actuacións en distintos puntos do termo municipal coa finalidade de reforzar a rede de accesos ás parroquias e facilitar a mobilidade no rural.


A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, subliñou que “seguimos a traballar para que todas as parroquias conten con infraestruturas axeitadas, mellorando a seguridade e a calidade de vida da veciñanza. Estas actuacións son un paso máis no compromiso do goberno local co noso rural e co equilibrio territorial do municipio”.



O artigo O Concello de Guitiriz mellora os accesos na parroquia de Santa Leocadia a través do Plan Camiña Rural publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies