Noticias e alertas

O Concello de Guitiriz conmemorará o 25N cunha concentración e o espectáculo de Sobria e Serena

20/11/2025

O Concello de Guitiriz conmemorará o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, con dúas actividades abertas ao público que terán lugar o propio martes, 25 de novembro.


A xornada comezará cunha concentración ás 18:00 horas na praza do Campo da Feira de Guitiriz, unha acción de concienciación que o Concello vén desenvolvendo en anos anteriores e que busca reivindicar o compromiso colectivo contra a violencia machista.


Posteriormente, ás 19:30 horas, a Escola Habanera acollerá o espectáculo ‘El chou’, do dúo cómico Sobria e Serena, formado polas actrices viguesas Arantxa Treus e Jazmín Abuín.


A proposta, cargada de humor, reflexión e perspectiva de igualdade, invita ao público a acompañar as artistas nun percorrido pola súa vida e pola súa particular visión do mundo.


O espectáculo contará con entrada libre ata completar aforo e está financiado con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e do Ministerio de Igualdade.


O artigo O Concello de Guitiriz conmemorará o 25N cunha concentración e o espectáculo de Sobria e Serena publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies