Noticias y alertas

A Escola Habanera acollerá unha foliada solidaria organizada polo grupo de pandereteiras Na Casa Zoqueiro

01/12/2025

A Escola Habanera do Concello de Guitiriz acollerá o vindeiro luns, 8 de decembro, unha foliada solidaria organizada polo grupo de pandereteiras Na Casa Zoqueiro. A iniciativa, que conta coa colaboración do Concello, ten por obxectivo recadar alimentos e donativos para as familias máis necesidades do municipio.


O evento está programado a partir das 17:00 horas e conta con entrada libre e gratuíta para toda a veciñanza. Haberá actuacións musicais e moito baile. Ademais, quen o desexe poderá levar o seu propio instrumento e sumarse á música e ao ambiente festivo da xornada.


Durante a foliada realizarase unha recadación benéfica de alimentos non perecedeiros, así como de donativos económicos, que irán destinados a apoiar ás familias máis necesitadas do municipio.


Todas as achegas recollidas serán xestionadas polo departamento de Benestar Social do Concello de Guitiriz, garantindo así a súa correcta distribución.


O artigo A Escola Habanera acollerá unha foliada solidaria organizada polo grupo de pandereteiras Na Casa Zoqueiro publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies