Noticias y alertas

O Concello de Guitiriz pon en marcha un grupo de clases de español para persoas migrantes para favorecer a súa inclusión social e laboral

02/12/2025

O Concello de Guitiriz, a través do Departamento de Servizos Sociais, vén de poñer en marcha un novo servizo gratuíto de clases de español dirixidas a persoas migrantes, unha iniciativa creada logo de detectar a necesidade de acompañamento e apoio lingüístico para facilitar a integración deste colectivo no municipio.


Na actualidade, o grupo está formado por seis alumnas de dúas nacionalidades diferentes, ás que se prevé sumar proximamente máis persoas. As sesións teñen lugar os mércores ás 11:30 horas da mañá na Escola Habanera e están impartidas pola educadora dos Servizos Sociais municipais, Rocío Fanego.


Este servizo municipal nace co obxectivo de favorecer a inclusión social e laboral das persoas migrantes, especialmente das mulleres, que teñen máis dificultade para encontrar traballo. Así, ofréceselles unha ferramenta básica para a súa vida cotiá, para o acceso ao emprego e para a participación activa na comunidade. Moitas das participantes deron este paso motivadas pola vontade de aprender español para poder traballar e coñecer mellor a cultura local.


As persoas interesadas en acudir a estas clases poden inscribirse de maneira gratuíta nas oficinas de Servizos Sociais do Concello de Guitiriz.


O artigo O Concello de Guitiriz pon en marcha un grupo de clases de español para persoas migrantes para favorecer a súa inclusión social e laboral publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies