Noticias y alertas

O Concello de Guitiriz celebrará a terceira edición da San Silvestre para pechar o ano

05/12/2025

O Concello de Guitiriz pechará o ano 2025 coa tradicional carreira da San Silvestre, que chega á súa terceira edición no municipio chairego. A proba, organizada polo Club Atletismo Guitiriz coa colaboración do Concello, está programada para o día 31 de decembro a partir das 11:30 horas.


Nesta ocasión, a San Silvestre contará cun percorrido pola contorna do Iberik Gran Balneario de Guitiriz. A proba contará con dúas modalidades. Por unha banda, haberá unha proba para os menores de 5 anos cunha distancia de 300 metros e, por outra, haberá a proba para o resto dos participantes, cunha distancia aproximada de dous quilómetros.


As inscricións estarán abertas proximamente a través da web ccnnorte.com. Ao finalizar a carreira, todos os participantes poderán desfrutar dunha chocolatada, nunha xornada pensada para promover o deporte, a diversión e a participación familiar.


O artigo O Concello de Guitiriz celebrará a terceira edición da San Silvestre para pechar o ano publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies