Noticias e alertas

Abertas as inscricións para participar no II Torneo de Videoxogos Concello de Guitiriz

12/12/2025

A Escola Habanera do Concello de Guitiriz acollerá este Nadal o II Torneo de Videoxogos Concello de Guitiriz, unha actividade que regresa este mes de decembro tras o éxito acadado na súa primeira edición. O certame, que forma parte da programación municipal polas festas do Nadal, busca ofrecer unha alternativa de lecer para a mocidade do municipio.


O torneo celebrarase o 22 de decembro en horario de 10:30 a 12:30 horas na Escola Habanera. O prazo de inscrición estará aberto ata o 18 de decembro.


A actividade está destinada a rapaces e rapazas de 8 a 14 anos, cun total de 16 prazas dispoñibles. A participación é completamente de balde e as persoas interesadas poden anotarse enviando un correo a biblioteca@concellodeguitiriz.com ou chamando ao 982 37 00 62.


Nesta segunda edición, o videoxogo protagonista será Mario Kart, co que a cativada poderá competir e desfrutar dunha mañá chea de emoción e diversión, loitando por converterse no mellor piloto do torneo.


O artigo Abertas as inscricións para participar no II Torneo de Videoxogos Concello de Guitiriz publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies