Noticias e alertas

Preto de 40 participantes pechan a sétima edición do programa ‘BTTeando por Guitiriz’ coa Ruta do Nadal

15/12/2025

Preto de 40 persoas participaron esta fin de semana na Ruta do Nadal, a última saída do calendario da sétima edición do programa ‘BTTeando por Guitiriz’, unha iniciativa posta en marcha polo Concello de Guitiriz en colaboración co Club Btteiros Cova da Serpe.


A xornada serviu para despedir o ano sobre rodas cunha mañá típica de decembro, marcada inicialmente pola néboa, que foi dando paso ao sol ata deixar unhas condicións ideais para o desfrute da bicicleta. Ciclistas de todas as idades gozaron dun ambiente navideño ao longo dun percorrido pensado para todos os públicos.


A ruta, de 20 quilómetros e arredor de 300 metros de desnivel, contou cunha dificultade sinxela e discorreu polos sendeiros de San Breixo, combinando tramos do Camiño de Santiago do Norte con outros da Ruta das Bidueiras, así como pola contorna de Santa Leocadia.


A saída e chegada tiveron lugar na igrexa de San Breixo, punto de encontro desde o que se desenvolveu esta última actividade do programa no ano 2025, pechando unha edición que volveu destacar pola boa acollida.


Desde o Concello de Guitiriz valórase moi positivamente o éxito desta sétima edición do ‘BTTeando por Guitiriz’, unha proposta xa asentada no municipio e coa que se promove o deporte e un estilo de vida saudable.


O artigo Preto de 40 participantes pechan a sétima edición do programa ‘BTTeando por Guitiriz’ coa Ruta do Nadal publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies