Noticias y alertas

A Escola Habanera celebra o día máis curto do ano cunha sesión de curtametraxes

16/12/2025

A Escola Habanera de Guitiriz acollerá este venres, 19 de decembro, unha sesión especial de curtametraxes con motivo do día máis curto do ano, unha iniciativa incluída na programación de Nadal do Concello de Guitiriz.


Esta actividade, que xa se vén desenvolvendo en anos anteriores cunha excelente acollida por parte da veciñanza, terá lugar en horario de 18:00 a 19:00 horas e contará con entrada gratuíta.


Durante a sesión proxectaranse tres curtametraxes: ‘El principito Oscar’, ‘Gilbert’ e ‘Las piedras de luna’, ofrecendo unha proposta cultural pensada para todos os públicos.


Ademais, as persoas asistentes poderán gozar de flocos de millo de balde, completando así unha tarde na que o cinema será o gran protagonista.


O artigo A Escola Habanera celebra o día máis curto do ano cunha sesión de curtametraxes publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies