Noticias e alertas

A Escola Habanera acollerá unha sesión de teatro coa obra ‘Blue Island: Un lugar axeitado para criminais’

16/12/2025

O Concello de Guitiriz organiza o vindeiro martes, 23 de decembro, a representación da obra de teatro ‘Blue Island: Un lugar axeitado para criminais’, que terá lugar na Escola Habanera ás 20:00 horas. A proposta conta con entrada de balde ata completar aforo.


A actuación enmárcase dentro do Circuíto Teatral Afeccionado da Deputación Provincial de Lugo, unha iniciativa que promove o teatro amateur e achega propostas culturais de calidade aos concellos da provincia.


A obra, interpretada por Borguete Teatro da Asociación Cultural e Deportiva de Árbol, transporta ao público ata o corazón de Nova York. A acción sitúase en Blue Island, un local nocturno da cidade, onde aparece morto Ernie Fontaine, xerente e un dos socios do club. A investigación do crime, dirixida polo comisario Orson Brown, mantén abertas todas as hipóteses mentres aumentan as sospeitas sobre o entorno do falecido, incluídas as coristas do local e os seus presuntos vínculos co crime organizado.


A trama, chea de intriga e suspense, afonda nos segredos e nas sombras que rodean a vida do señor Fontaine. A dirección da peza corre a cargo de Guillermo Cancelo.


O artigo A Escola Habanera acollerá unha sesión de teatro coa obra ‘Blue Island: Un lugar axeitado para criminais’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies