19/12/2025
O Concello de Guitiriz puxo en marcha unha actuación para a renovación integral das sinais indicativas do municipio, coa substitución inicial de 63 sinais repartidas en diferentes puntos do termo municipal.
Esta intervención supón a primeira fase dun proxecto máis amplo co obxectivo de modernizar e mellorar toda a sinalización existente en Guitiriz. A actuación conta cun orzamento total de 7.420,20 euros e responde á necesidade de actualizar sinais que se atopaban deterioradas polo paso do tempo, mellorando así a seguridade viaria, a orientación da veciñanza e das persoas visitantes, así como a imaxe xeral do municipio.
Esta primeira fase non será a única. O Concello ten previsto continuar coa renovación progresiva da totalidade das sinais durante o ano 2026, ata completar a substitución de todos os elementos de sinalización presentes no municipio.
Segundo palabras da alcaldesa, Marisol Morandeira, “esta actuación é un paso importante para mellorar a sinalización en todo o concello, facendo de Guitiriz un municipio máis accesible, seguro e ordenado, tanto para a veciñanza como para quen nos visita”. A rexedora destacou tamén que “a renovación das sinais era unha demanda necesaria e continuará nos vindeiros meses ata abranguer todo o territorio municipal”.
O artigo O Concello inicia a renovación integral das sinais indicativas do municipio publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies