Noticias e alertas

A Escola Habanera acollerá este venres o concerto de Nadal da Escola de Música municipal

22/12/2025

A Escola Habanera do Concello de Guitiriz acollerá este venres, 26 de decembro, un concerto de Nadal no marco da programación municipal destas festas. A actuación dará comezo ás 20:00 horas e contará con entrada gratuíta ata completar aforo.


O concerto reunirá sobre o escenario ás diferentes agrupacións da Escola Municipal de Música, ofrecendo unha ampla mostra do traballo desenvolvido ao longo do curso. Participarán os grupos de iniciación á música, o conxunto de guitarras, o grupo municipal de gaitas, o grupo da UNED Sénior Coruña de Guitiriz, a prebanda e a banda municipal.


Esta actividade completa unha intensa semana cultural na Escola Habanera, que na xornada do luns acolleu tamén a segunda edición do Torneo de Videoxogos, ademais doutras propostas desenvolvidas ao longo do mes de decembro dentro da programación de Nadal do Concello de Guitiriz.


O artigo A Escola Habanera acollerá este venres o concerto de Nadal da Escola de Música municipal publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies