Noticias y alertas

A neve protagoniza a última andaina da sétima edición do programa ‘Guitiriz en Ruta’

23/12/2025

O pasado domingo, 21 de decembro, celebrouse a última saída da sétima edición do programa ‘Guitiriz en Ruta’, posto en marcha polas Escolas Deportivas Municipais do Concello de Guitiriz.


Nesta ocasión realizouse a Ruta do Monte dos Vilares, un percorrido que inicialmente estaba previsto cun total de 15 quilómetros, pero que tivo que ser acurtado debido ás condicións meteorolóxicas, xa que comezou a nevar a metade do traxecto.


A saída tivo lugar no pantano de San Xoán, no monte de Lagostelle, punto no que tamén se estableceu a chegada, ao tratarse dunha ruta circular que discorre entre os montes de Lagostelle e dos Vilares, lindantes entre si.


No itinerario participaron un total de 19 persoas, entre elas catro nenos, que conseguiron completar o percorrido a pesar da neve, a cal deixou unha paisaxe espectacular nos montes da contorna.


Ao tratarse da última ruta do ano, ao remate da actividade celebrouse un pequeno acto de confraternidade con pinchos no restaurante O Korreo, como clausura da edición, xentileza do Concello de Guitiriz.


O artigo A neve protagoniza a última andaina da sétima edición do programa ‘Guitiriz en Ruta’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies