Noticias e alertas

A terceira edición da San Silvestre do Concello de Guitiriz contará con 81 participantes

30/12/2025

O Concello de Guitiriz pechará o ano 2025 coa celebración da tradicional carreira da San Silvestre, que alcanza a súa terceira edición no municipio chairego. A proba, organizada polo Club Atletismo Guitiriz coa colaboración do Concello, terá lugar o vindeiro 31 de decembro a partir das 11:30 horas.


Nesta edición, a San Silvestre de Guitiriz contará cun total de 81 participantes, dos cales 71 serán maiores de cinco anos e os 10 restantes menores, confirmando así a boa acollida dunha cita deportiva pensada para todas as idades.


O percorrido discorrerá pola contorna do Iberik Gran Balneario de Guitiriz e a carreira dividirase en dúas modalidades. Por unha banda, celebrarase unha proba destinada aos menores de 5 anos, cunha distancia de 300 metros. Por outra, desenvolverase a carreira para o resto dos participantes, cun trazado aproximado de dous quilómetros.


Ao remate da proba, todas as persoas participantes poderán desfrutar dunha chocolatada, nunha xornada que busca fomentar o deporte, a convivencia e a diversión para despedir o ano dun xeito saudable.


O artigo A terceira edición da San Silvestre do Concello de Guitiriz contará con 81 participantes publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies