Noticias y alertas

Primeira andaina do ano o domingo 25 de xaneiro coa ruta polo río Requeixo

16/01/2026

O Concello de Guitiriz celebrará a primeira andaina deste ano 2026 o domingo 25 de xaneiro, data na que está programada a Ruta polo río Requeixo.


Deste xeito, darán comezo as habituais rutas organizadas polas Escolas Deportivas Municipais en colaboración co Concello. A saída cara a andaina está fixada para ás 10:00 horas desde a ponte de Roca e o lugar de chegada será o Merendeiro dos Vilares ao redor das 14 horas.


Os participantes realizarán un percorrido duns 12 quilómetros aproximadamente, de dificultade baixa.


As inscricións poderanse formalizar desde o luns 20 de xaneiro no Concello de forma presencial ou a través do número de teléfono 982 37 01 09 ata o próximo xoves, 23 de xaneiro, ás 15:00 horas.


A andaina é totalmente gratuíta e aberta ao público en xeral pero os menores de idade terán que ir acompañados dunha persoa adulta.


O artigo Primeira andaina do ano o domingo 25 de xaneiro coa ruta polo río Requeixo publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies