03/02/2026
A Aula CeMIT de Guitiriz celebrará o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia cun obradoiro de drons titulado ‘Voando coas pioneiras. Obradoiro de voo de drons’. Esta xornada formativa ten como obxectivo achegar a tecnoloxía á cidadanía dun xeito práctico e participativo, ao tempo que promove a reflexión sobre o papel das mulleres na ciencia e na tecnoloxía.
A actividade está deseñada para que as persoas participantes coñezan os conceptos básicos sobre o funcionamento dos drons e comprendan a importancia desta conmemoración internacional, fomentando a igualdade de xénero nos ámbitos científico e tecnolóxico mentres aprenden a pilotar drons dunha maneira sinxela e divertida.
O obradoiro desenvolverase en diferentes fases que combinan contidos teóricos e prácticos. Nun primeiro momento abordarase o funcionamento dos drons e a relevancia do Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia. A continuación realizaranse probas de voo e, posteriormente, un xogo interactivo con drons no que os equipos deberán responder preguntas relacionadas con mulleres científicas destacadas.
A actividade concluirá cunha posta en común na que se reflexionará sobre as mulleres protagonistas do xogo e a súa contribución á ciencia. A xornada terá lugar o día 11 de febreiro en horario de 16:00 a 19:00 horas.
A actividade conta con prazas limitadas, polo que será necesaria inscrición previa. As inscricións poderán realizarse do 4 ao 10 de febreiro a través da web da Aula CeMIT de Guitiriz, enviando un correo electrónico a cemit.guitiriz@xunta.gal ou chamando ao teléfono 982 37 00 62.
O artigo A Aula CeMIT celebra o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia cun obradoiro de drons publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies