Noticias e alertas

A Biblioteca de Guitiriz celebrará o Día de Rosalía coa iniciativa ‘Caldo de Gloria’

19/02/2026

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Guitiriz sumarase o próximo mércores, 25 de febreiro, á iniciativa ‘Caldo de Gloria’, promovida pola Fundación Rosalía de Castro con motivo do aniversario de Rosalía de Castro.


Esta proposta cultural e gastronómica está inspirada no poema “Miña casiña, meu lar”, no que a autora explica como preparar un caldo humilde, convertendo un prato sinxelo nun símbolo da épica diaria da supervivencia e da dignidade do pobo galego.


Con este motivo, o vindeiro 25 de febreiro, entre as 12:00 e as 13:30 horas, celebrarase unha degustación gratuíta do Caldo de Gloria no Campo da Feira de Guitiriz. O acto contará tamén cun viño doado pola Asociación de Xubilados de Guitiriz.


Ademais, farase entrega dun mantel conmemorativo da iniciativa ata esgotar  existencias. A actividade será aberta a toda a veciñanza.


O artigo A Biblioteca de Guitiriz celebrará o Día de Rosalía coa iniciativa ‘Caldo de Gloria’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies