Noticias y alertas

A Senda da Memoria das Pontes, primeira saída da oitava temporada do ‘Guitiriz en Ruta’

23/02/2026

Foron 17 persoas as que formaron parte onte, domingo 22 de febreiro, na primeira saída da oitava temporada do programa municipal ‘Guitiriz en Ruta’, que tivo lugar pola Senda da Memoria nas Pontes.


A expedición guitiricense desfrutou dun día cun clima espectacular para percorrer os 14 quilómetros da ruta circular que discorre polos camiños e bosques que rodean o lago.


A iniciativa ‘Guitiriz en Ruta’, posta en marcha polas Escolas Deportivas Municipais e o Concello, xa está asentada no calendario anual dos e das guitiricenses, conta este ano con nove saídas diferentes por percorridos dentro do concello e tamén por zonas doutros municipios.


Outras oito rutas completan o programa


Ademais desta saída, haberá outras oito rutas nesta oitava edición do ‘Guitiriz en Ruta’. As seguintes serán o Roteiro da Pena Moura en Sobrado dos Monxes (29 de marzo), a Ruta do Río Requeixo (26 de abril), o Camiño dos Faros Etapa 4 Laxe – Arou (31 de maio), o Camiño Norte de Santiago Pígara – San Alberte (28 de xuño), a Ruta das Minas na Pontenova (27 de setembro), a Ruta da Cova da Serpe (25 de outubro), a Ruta do Bosque da Fervenza en Lugo (29 de novembro) e a Ruta da Auga Parga – San Alberte – Camiño Norte (20 de decembro).


O artigo A Senda da Memoria das Pontes, primeira saída da oitava temporada do ‘Guitiriz en Ruta’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies