Noticias y alertas

O Concello abrirá o novo ximnasio municipal o próximo mércores 4 de marzo cun período de proba gratuíto

26/02/2026

O Concello de Guitiriz ampliará a súa oferta deportiva a vindeira semana coa apertura do novo ximnasio municipal. As instalacións abrirán as súas portas o vindeiro mércores, 4 de marzo, e están situadas na nave do SENPA, xusto ao carón das actuais pistas de pádel, consolidando esta área como un gran complexo deportivo para a veciñanza.


Para fomentar que os veciños e veciñas coñezan e proben estas novas instalacións, o Concello estableceu que o uso do ximnasio será totalmente gratuíto durante os dous primeiros meses. Unha vez transcorrido este período de proba, e tras a aprobación do regulamento correspondente, establecerase o prezo público definitivo.


O sistema de acceso será dixital e moi intuitivo. Para poder facer uso da maquinaria, os usuarios deberán reservar a súa praza previamente a través da aplicación móbil Reservaplay, a mesma plataforma que xa se está a empregar con éxito para a xestión das reservas das pistas de pádel Ademais, ao mesmo tempo habilitarase na aplicación a opción de reservar para xogar a tenis de mesa na propia nave do SENPA.


Equipamento completo e moderno


O novo espazo está deseñado para cubrir as necesidades tanto de principiantes como de deportistas máis experimentados, e divídese en varias áreas de traballo con maquinaria de calidade: equipamento de cardio (cintas de correr, bicicletas e máquina de remo); de musculación (máquinas de placas, poleas, prensa e estacións multifunción); de peso libre (gaiola para sentadillas, bancos e mancuernas).


O artigo O Concello abrirá o novo ximnasio municipal o próximo mércores 4 de marzo cun período de proba gratuíto publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies