03/03/2026
O Concello de Guitiriz informa de que, por medio do bando emitido no día de hoxe e asinado pola alcaldesa-presidenta, Marisol Morandeira , a Subdelegación do Goberno en Lugo concedeu á Federación Galega de Tiro Olímpico (FEGATO) a correspondente autorización. Esta permite o uso por parte de persoal civil das instalacións do Campamento Militar de Parga para albergar unha nova cita do calendario deportivo.
+3
En concreto, as instalacións acollerán o Campionato “Copa Galicia F-Class a 600 iardas e F-Class Produción media distancia a 300/600 iardas”. O evento deportivo está programado para desenvolverse durante a fin de semana do 13, 14 e 15 de marzo de 2026.
O Concello procede á publicación deste bando co obxectivo de darlle difusión xeral e que todos os veciños e veciñas do municipio estean informados desta actividade.
O artigo Bando: O Campionato Galego de Tiro Olímpico F-Class celebrarase nas instalacións de Parga en marzo publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies