09/03/2026
O Concello de Guitiriz e o Club Btteiros Cova da Serpe presentaron os seis itinerarios que formarán parte da oitava edición do programa ‘BTTeando por Guitiriz’ para este ano 2026, unha iniciativa xa consolidada no municipio e que adoita contar cunha ampla participación en cada saída.
Co obxectivo de incentivar a práctica deportiva e hábitos de vida saudables, o programa recolle varios itinerarios de dificultade sinxela polos arredores do concello, fomentando a actividade física, a conexión coa natureza e o desenvolvemento sostible.
Nesta ocasión, a iniciativa impulsada conxuntamente polo Concello e o Club Btteiros Cova da Serpe contará con seis saídas ao longo do ano: tres antes do verán e outras tres despois.
A primeira terá lugar este mesmo mes de marzo, o día 22, coa Ruta da Cova da Serpe. Posteriormente celebraranse o Btteando polo Pantano (12 de abril), a Ruta do Cordal (24 de maio), Btteando por Roca (18 de outubro), a Ruta de Gravel (15 de novembro) e o Btteando de Nadal (13 de decembro).
A organización lembra que é obrigatorio o uso de casco e recomenda levar unha peza de froita e auga. Ademais, cómpre lembrar que pode haber cambios nas datas debido ao mal tempo ou a outras causas xustificadas; de producirse, avisaríase coa maior antelación posible.
Todas as persoas interesadas nos diferentes itinerarios poden inscribirse no Concello ou a través do Club Btteiros Cova da Serpe ata o xoves anterior a cada ruta. As rutas son de balde.
O artigo A oitava edición do programa ‘BTTeando por Guitiriz’ contará con seis percorridos en total publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies