Noticias y alertas

O Concello abre o luns o prazo de inscrición para unha viaxe a Cuenca e Teruel

20/03/2026

O Concello de Guitiriz vén de anunciar a organización dunha nova viaxe, que nesta ocasión terá como destino as provincias de Cuenca e Teruel. A excursión levarase a cabo entre os días 20 e 24 de abril de 2026. A saída está programada para o propio día 20 ás 06:00 horas dende o Campo da Feira de Guitiriz.


O prazo de reserva abrirá este vindeiro luns, 23 de marzo, e prolongarase ata o mércores 8 de abril. As persoas interesadas en participar deberán formalizar a súa inscrición de xeito presencial na Oficina de Turismo do Concello.


É importante destacar que as prazas son limitadas e que terán preferencia de inscrición as persoas que estean empadroadas no municipio. A realización da actividade estará suxeita a cubrir un grupo mínimo de 40 persoas. Para solicitar calquera información adicional, a veciñanza pode chamar ao teléfono 982 37 01 09.


O prezo total da actividade é de 480 euros por persoa en réxime de habitación dobre. As persoas que desexen unha habitación individual deberán aboar un suplemento de 100 euros. Esta tarifa cobre unha ampla cobertura de servizos: traslados en autobús e seguro de viaxe, guía acompañante durante toda a viaxe, estancia no Hotel El Gamo en réxime de pensión completa, e o almorzo e a comida durante a viaxe de ida.


O paquete inclúe tamén unha completa axenda de excursións locais para gozar do patrimonio natural e cultural da zona. Visitáranse lugares tan emblemáticos como Cuenca, Teruel, Albarracín, Cañete, a Laguna del Tobar, a Ventana do Diablo, a Ciudad Encantada e o nacemento do río Cuervo.


O artigo O Concello abre o luns o prazo de inscrición para unha viaxe a Cuenca e Teruel publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies