Noticias e alertas

O Concello de Guitiriz abrirá en abril o prazo de matrícula para o curso 2026/27 da Escola Infantil

23/03/2026

O Concello de Guitiriz abrirá no próximo mes de abril o prazo de matrícula para o curso 2026/27 da Escola Infantil Municipal.


O período de renovación de praza para as crianzas xa matriculadas no presente curso 2025/2026 estará aberto do 1 ao 15 de abril. Pola súa banda, o prazo para a presentación de novas solicitudes desenvolverase entre o 16 e o 30 de abril.


A listaxe de persoas admitidas farase pública o vindeiro 5 de xuño. Posteriormente, abrirase o prazo para a aceptación de praza ou renuncia, que se prolongará ata o 30 de xuño. Este trámite deberá realizarse de xeito presencial.


As solicitudes poderán presentarse de xeito presencial na Casa do Concello, solicitando cita previa, ou ben a través da Sede Electrónica municipal. Para máis información, as persoas interesadas poden consultar a páxina web oficial do Concello de Guitiriz.


O artigo O Concello de Guitiriz abrirá en abril o prazo de matrícula para o curso 2026/27 da Escola Infantil publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies