23/03/2026
O programa ‘Guitiriz en Ruta’ continuará este domingo, 29 de marzo, coa segunda saída da oitava edición desta iniciativa, posta en marcha polas Escolas Deportivas Municipais coa colaboración do Concello. Nesta ocasión, as persoas participantes poderán realizar o Roteiro da Pena Moura, no municipio de Sobrado dos Monxes.
A saída está programada ás 9:00 horas desde a praza do Campo da Feira de Guitiriz, co chegada prevista sobre as 14:30 horas. A andaina ten unha extensión aproximada de 12 quilómetros e é de dificultade baixa, cun desnivel acumulado de 334 metros.
O prazo de inscrición estará aberto ata este venres, 27 de marzo, ás 14:00 horas, podéndose formalizar de xeito presencial na Casa do Concello ou chamando ao 982 37 01 09.
Ao tratarse dunha andaina fóra de Guitiriz as inscricións teñen un prezo de 5 euros para empadroados e de 10 euros para non empadroados. A andaina é aberta ao público xeral, pero os menores terán que ir acompañados dunha persoa adulta.
O artigo O programa ‘Guitiriz en Ruta’ continuará este domingo co Roteiro da Pena Moura publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies