Noticias y alertas

O Roteiro da Pena Moura reúne a 36 participantes nunha nova xornada do programa ‘Guitiriz en Ruta’

31/03/2026

O programa municipal de sendeirismo ‘Guitiriz en Ruta’, impulsado polas Escolas Deportivas Municipais en colaboración co Concello de Guitiriz, celebrou o pasado domingo, 29 de marzo, unha nova actividade coa realización do Roteiro da Pena Moura, que volveu contar cunha notable participación.


Un total de 36 persoas, entre elas dous cativos, tomaron parte nesta andaina, consolidando unha vez máis o interese da veciñanza por esta iniciativa que promove hábitos de vida saudables. Os participantes completaron un percorrido circular de aproximadamente 12 quilómetros, nunha ruta homologada situada no Concello de Sobrado.


Ao longo da xornada, o grupo ascendeu á Serra do Bocelo, un dos puntos máis destacados do itinerario, desde o que puideron desfrutar de amplas e espectaculares vistas da paisaxe que caracteriza esta zona. Ademais, a ruta incluíu a visita a elementos de gran valor patrimonial e histórico, como o dolmen de Forno de Mouros e a coñecida Pena da Moura, enclaves que espertaron un especial interese entre os asistentes.


Durante todo o percorrido, os participantes puideron gozar das fermosas paisaxes naturais, así como do ambiente de convivencia e compañeirismo que caracteriza este programa.


O ‘Guitiriz en Ruta’ continúa así a súa oitava edición, consolidándose como unha proposta de lecer activo xa plenamente asentada no calendario municipal. A próxima saída terá lugar o vindeiro 26 de abril coa Ruta do Río Requeixo, que será a terceira andaina desta edición.


O artigo O Roteiro da Pena Moura reúne a 36 participantes nunha nova xornada do programa ‘Guitiriz en Ruta’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies