Noticias y alertas

Guitiriz inaugurará os ‘IV Xogos da Primavera’ o próximo 15 de abril coa celebración da Copa da Ra

01/04/2026

O Concello de Guitiriz, a través da Biblioteca Municipal, organiza unha nova edición dos Xogos da Primavera, que comezarán o vindeiro 15 de abril, mércores, coa disputa da IV Copa Xogo da Ra.


Aínda que os Xogos da Primavera serán no exterior da biblioteca, a IV Copa da Ra trasladarase á Parga, concretamente ao CIT, e a súa disputa inaugurará oficialmente a programación de 2026. Será de 11:30 a 12:30 horas e para participar será preciso realizar unha inscrición previa.


A ‘IV Copa Xogo da Ra’ terá un máximo de 15 participantes, podendo reservar praza do 6 ao 13 de abril na Biblioteca Pública ou chamando ao 982 37 00 62.


Ademais, a actividade conta coa colaboración da Asociación Amigos Museo Pepe de Pígara, que doará os premios aos tres primeiros clasificados. Ao remate da competición, haberá un convite para todos os asistentes.


Os Xogos da Primavera volven ao municipio


Posteriormente, todos os mércores celebraranse sesións vespertinas dos Xogos da Primavera no exterior da Escola Habanera. Serán gratuítas e non será preciso realizar inscrición previa. Nestas sesións, as persoas participantes poderán gozar cos xogos tradicionais.


Esta iniciativa, posta en marcha no ano 2022, ten como obxectivo principal fomentar a relación interxeracional entre as persoas maiores e a infancia do municipio.


O evento busca recuperar os xogos tradicionais, promovendo a participación das persoas maiores e utilizándoos como forma de relación entre todas as idades.


O artigo Guitiriz inaugurará os ‘IV Xogos da Primavera’ o próximo 15 de abril coa celebración da Copa da Ra publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies