Noticias e alertas

Guitiriz celebra o vindeiro domingo a segunda saída do ano do programa ‘BTTeando por Guitiriz’

06/04/2026

O Concello de Guitiriz e o Club Btteiros Cova da Serpe organizan este domingo, 12 de abril, a segunda saída desta oitava edición do programa ‘BTTeando por Guitiriz’. Nesta ocasión trátase da Ruta do Pantano, programada a partir das 10:00 horas desde a área recreativa do Pantano de San Xoán.


O percorrido, de aproximadamente 20 quilómetros e cun desnivel acumulado de 300 metros, discorrerá por pistas e sendeiros da contorna do propio pantano. O itinerario está deseñado para todos os públicos e forma parte dunha proposta que, un ano máis, pretende achegar distintos recunchos de Guitiriz á veciñanza e ás persoas visitantes a través da práctica do ciclismo de montaña.


A participación é gratuíta, pero require inscrición previa a través dun formulario en liña, dispoñible nas redes sociais e na páxina web do Concello, que permanecerá aberto ata este xoves, 9 de abril.


Desde a organización lembran que é obrigatorio o uso de casco para participar na ruta e recomendan ás persoas asistentes levar auga e algunha peza de froita.


O artigo Guitiriz celebra o vindeiro domingo a segunda saída do ano do programa ‘BTTeando por Guitiriz’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies