Noticias y alertas

O Concello de Guitiriz pon en funcionamento o saneamento e a depuradora do Mesón da Cabra

06/04/2026

O Concello de Guitiriz vén de poñer en funcionamento o sistema de saneamento e a depuradora do Mesón da Cabra, situados na parroquia de Trasparga. Esta actuación, executada en dúas fases, supuxo un investimento total de 155.628,17 euros, co obxectivo de mellorar a calidade de vida da veciñanza e avanzar na protección ambiental do municipio.


A nova infraestrutura permitirá a correcta xestión das augas residuais, contribuíndo á conservación do entorno natural e ao cumprimento das normativas vixentes en materia de saneamento. Nos vindeiros días, o Concello informará mediante carta á veciñanza que poderá facer uso deste servizo, detallando o procedemento a seguir para realizar as conexións á rede.


A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, destacou a importancia desta actuación: “Trátase dunha obra moi necesaria para esta zona. Con esta intervención damos un paso importante na mellora dos servizos básicos no rural e na protección do noso medio ambiente”.


Morandeira engadiu ademais que “desde o Goberno municipal seguimos a traballar para levar infraestruturas de calidade a todas as parroquias, garantindo igualdade de oportunidades e mellorando o benestar da nosa veciñanza”.


O artigo O Concello de Guitiriz pon en funcionamento o saneamento e a depuradora do Mesón da Cabra publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies