Noticias e alertas

Bando: cortes de tráfico e prohibición de estacionamento pola XVI Carreira Popular Concello de Guitiriz Termal

16/04/2026

DONA Mª SOL MORANDEIRA MORANDEIRA, ALCALDESA PRESIDENTA DO CONCELLO DE GUITIRIZ (LUGO)


FAI SABER


Que por mor da celebración da XVI Carreira popular Concello de Guitiriz Termal estará prohibido estacionar o domingo 19 de abril de 2026 dende as 07:00 horas ata as 14:00 horas nos seguintes lugares:


– No marxe esquerdo (sentido baixada) da Rúa Río Forxá.


– Na fronte da Praza do Campo da Feira (zona sinalada prohibido estacionar mércores de mercado) e lateral dereito da igrexa.


O tráfico permanecerá totalmente cortado o domingo 19 de abril de 2026 en horario de 11:00 horas ata as 14:00 horas nas seguintes rúas:


– Praza Campo da Feira. – Rúa do Mercado. – Avenida Poeta Díaz Castro (dende a Praza Campo da Feira ata intersección co Paseo dos Sete Muiños).


Entre as 11:00 horas e as 14:00 horas existirán cortes de tráfico temporais nas seguintes rúas:


– Pase dos Sete Muiños. – Rúa Costaneiras.


Nas rúas afectadas polos cortes de tráfico estará permitido o estacionamento de vehículos (a excepción dos lugares indicados), se ben durante o tempo en que o tráfico estea cortado non se permitirá a súa posta en marcha e circulación.


A ALCALDESA


Mª Sol Morandeira Morandeira


O artigo Bando: cortes de tráfico e prohibición de estacionamento pola XVI Carreira Popular Concello de Guitiriz Termal publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies