Noticias y alertas

O programa ‘Guitiriz en Ruta’ volve este domingo, 26 de abril, coa Ruta do Río Requeixo

20/04/2026

O vindeiro domingo, 26 de abril, celebrarase a terceira saída da oitava edición do programa ‘Guitiriz en Ruta’, a proposta de sendeirismo posta en marcha polas Escolas Deportivas Municipais en colaboración co Concello de Guitiriz. Nesta ocasión, realizarase a Ruta do Río Requeixo.


A saída está programada a partir das 10:00 desde a Ponte de Roca, en Roca. Chegarase a O Merendeiro, na parroquia dos Vilares, en torno ás 14:00 horas. A andaina contará cun percorrido de aproximadamente 12 quilómetros de dificultade baixa.


As inscricións estarán abertas ata o venres, 24 de abril, ás 14:00 horas. Poderanse realizar na Casa do Concello, de xeito presencial, ou a través do teléfono 982 37 01 09. A andaina e gratuíta e aberta ao público en xeral, pero os menores de idade terán que ir acompañados dunha persoa adulta.


O artigo O programa ‘Guitiriz en Ruta’ volve este domingo, 26 de abril, coa Ruta do Río Requeixo publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies