22/04/2026
A Aula CeMIT de Guitiriz organiza unha nova actividade formativa centrada na seguridade dixital. Baixo o título ‘Uso seguro do móbil: configuración e protección’, a sesión terá lugar o vindeiro xoves, 30 de abril, e está dirixida a todas aquelas persoas interesadas en mellorar a súa protección no ámbito dixital e adquirir boas prácticas no uso dos dispositivos móbiles.
A charla, programada de 10:30 a 12:00 horas, ten como obxectivo ofrecer ferramentas sinxelas e útiles para protexer a información persoal, evitar posibles fraudes e aprender a configurar correctamente os teléfonos móbiles. Durante a actividade abordaranse cuestións clave como a creación de contrasinais seguros, a configuración da privacidade, a identificación de mensaxes sospeitosas e o uso responsable das aplicacións.
A formación será impartida por persoal especializado en competencias dixitais e está pensada para un público xeral, polo que non se requiren coñecementos previos. Ademais, as persoas asistentes poderán resolver dúbidas e adquirir hábitos que contribúan a unha experiencia dixital máis segura no seu día a día.
A participación é gratuíta, aínda que se recomenda realizar inscrición previa chamando ao teléfono 982 37 00 62.
O artigo A Aula CeMIT acollerá unha formación sobre seguridade e uso responsable de móbil o 30 de abril publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies