24/04/2026
O 6 de maio organízase un curso sobre ‘Xestión das emocións’ na Escola Habanera en horario de 16:30 a 18:30 horas. Será impartido pola psicóloga e enfermeira educadora Jenifer Souto Pérez.
A cita está pensada para mellorar o manexo do estrés, da ansiedade e aprender a diminuír os efectos destas emocións a través de diferentes técnicas de relaxación e concentración.
As persoas interesadas terán ata o día 5 de maio para anotarse a través dos Servizos Sociais, chamando ao 982 370 109 Ext. 1. Os participantes que completen o curso recibirán un certificado oficial.
O artigo Curso ‘Xestión das emocións’ na Escola Habanera o mércores 6 de maio publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies