Noticias y alertas

Guitiriz acollerá a primeira edición do Torneo de Pádel Concello de Guitiriz a finais de maio

04/05/2026

O Concello de Guitiriz acollerá a finais do mes de maio a primeira edición do Torneo de Pádel Concello de Guitiriz, unha iniciativa impulsada pola Escola Deportiva Municipal coa colaboración do propio Concello.


A competición desenvolverase os días 29, 30 e 31 de maio nas instalacións deportivas municipais, converténdose nunha nova cita para fomentar a práctica deportiva e a convivencia entre afeccionados ao pádel.


O torneo contará cunha categoría única, o que permitirá a participación de parellas masculinas, femininas e mixtas, promovendo así un evento inclusivo e aberto a todos os públicos. As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 26 de maio a través do número de WhatsApp 680 88 96 69. O custo da inscrición será de 10 euros por persoa.


A inscrición inclúe un pack de benvida, a garantía de disputar un mínimo de dous partidos, así como pelotas e auga para o desenvolvemento dos encontros.


En canto aos premios, haberá recoñecementos para as dúas primeiras parellas do cadro principal e tamén para as dúas primeiras do cadro de consolación.


O artigo Guitiriz acollerá a primeira edición do Torneo de Pádel Concello de Guitiriz a finais de maio publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies