Noticias e alertas

A Aula CeMIT de Guitiriz acollerá un curso gratuíto sobre Intelixencia Artificial Xenerativa

14/05/2026

A Aula CeMIT de Guitiriz organiza unha nova actividade formativa titulada “Formación en IA Xenerativa”. O obxectivo principal desta iniciativa é que os asistentes aprendan a crear contido profesional empregando ferramentas baseadas en intelixencia artificial.


As sesións desenvolveranse os días 19, 21, 26 e 28 de maio, en horario de mañá, de 10:15 a 12:15 horas. Durante o curso, os participantes poderán descubrir como potenciar a súa creatividade e reducir o seu esforzo diario grazas ás novas tecnoloxías.


O programa formativo afondará nos seguintes contidos específicos: introdución á Intelixencia Artificial Xerativa (IAX), técnicas de prompting coa ferramenta Midjourney, creación de imaxes con IA, xeración de vídeos con IA, creación de música con IA.


As persoas que desexen participar nesta actividade formativa teñen de prazo para anotarse ata o vindeiro luns, día 18 de maio, ás 14:00 horas. Para solicitar calquera tipo de información adicional ou formalizar a inscrición, os interesados e interesadas poden poñerse en contacto a través do correo electrónico cemit.guitiriz@xunta.gal ou chamando ao número de teléfono 982 370 062.


O artigo A Aula CeMIT de Guitiriz acollerá un curso gratuíto sobre Intelixencia Artificial Xenerativa publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies