Noticias y alertas

O programa ‘BTTeando por Guitiriz’ celebra este domingo 24 de maio a terceira saída do ano

18/05/2026

O Concello de Guitiriz e o Club Btteiros Cova da Serpe celebrarán este domingo, 24 de maio, a terceira saída do ano da oitava edición do programa ‘BTTEando por Guitiriz’. Nesta ocasión, a actividade consistirá na Ruta do Cordal, un percorrido que discorrerá polas pistas desta serra que marca a separación entre as provincias de Lugo e A Coruña.


A saída está fixada para as 10:00 horas desde a Igrexa de Santa Mariña e a ruta contará cun percorrido aproximado de 20 quilómetros e uns 300 metros de desnivel, nun itinerario pensado para gozar da natureza e da práctica deportiva ao aire libre.


A participación é gratuíta, pero require inscrición previa a través dun formulario en liña, dispoñible nas redes sociais e na páxina web municipal. O prazo para anotarse permanecerá aberto ata este xoves, 21 de maio.


Desde a organización lembran que é obrigatorio o uso de casco para participar na actividade e recomendan ás persoas asistentes levar auga e algunha peza de froita.


O artigo O programa ‘BTTeando por Guitiriz’ celebra este domingo 24 de maio a terceira saída do ano publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies