18/05/2026
O Concello de Guitiriz destina un orzamento de 16.000 euros para financiar as diferentes liñas de axudas para a compra de material, transporte e redución da fenda dixital dirixidas a escolares para o curso 2026-2027.
Está convocatoria establece como beneficiarias ás familias empadroadas no Concello de Guitiriz que teñan menores ao seu cargo matriculados en centros públicos, BAC, ESO, así como maiores de idade matriculados en ciclos formativos ou universitarios.
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 20 de setembro. A documentación e as bases cos requisitos de participación poden obterse na páxina web municipal www.concellodeguitiriz.com ou de xeito presencial nas oficinas de Servizos Sociais Municipais ou no Rexistro Xeral do Concello de Guitiriz
En total preséntanse catro liñas de axudas. A primeira é a liña de axudas ao material escolar, dirixida ao alumnado de bacharelato (residentes en Guitiriz matriculados en centros municipais ou de fóra), que ten por obxectivo cubrir as necesidades de material didáctico, libraría e/ou reprografía e os dispositivos adaptados á mocidade con necesidades educativas especiais.
A segunda, a de axudas ao transporte, está orientada para os rapaces e rapazas universitarios, estudantes de F.P. Básico ou que cursen ciclos formativos, cunha liña de axudas para financiar as súas necesidades de desprazamento, tanto ao lugar onde realizan a formación como de transporte interurbano se fose o caso.
Por último, e co obxectivo de salvar a fenda dixital existente no rural, habilítanse dúas liñas. Por unha banda, axudas para a mellora da conexión dixital, para que o alumnado de 5º e 6º de Primaria e o da ESO poida acceder a contratos de liñas WIFI, de subministro de datos ou doutros dispositivos existentes no mercado. Pola outra, para a adquisición de dispositivos tecnolóxicos (ordenadores, portátiles ou tabletas), dirixida ao alumnado de 4º da ESO e bacharelato empadroado en Guitiriz, independentemente de que curse estudos en centros fóra do municipio. Esta última axuda é incompatible se foi concedida durante os últimos dous cursos.
Estas liñas de axuda son incompatibles entre elas, é dicir, cada estudante só poderá optar a unha delas. O obxectivo final destas axudas é favorecer a integración sociolaboral de pais e nais nos titores/acollidos, apoiando á unidade familiar que, por carecer de recursos económicos, pode asumir o custo do servizo baixo a competencia atribuída aos concellos.
Estas axudas enmárcanse dentro da Liña 3 “Cooperación, solidariedade e desenvolvemento humano” do Plan Estratéxico de Subvencións do Concello de Guitiriz. As axudas irán destinadas ás familias, tendo en conta o poder adquisitivo do concello e serán compatibles con calquera outra que reciban polo mesmo concepto.
A alcaldesa guitiricense, Marisol Morandeira, sinalou que “a través destas axudas queremos garantir que ningún neno, nena ou mozo de Guitiriz vexa limitada a súa formación por cuestións económicas ou pola falta de acceso aos recursos tecnolóxicos”.
BASES AXUDAS, MATERIAL ESCOLAR, TRANSPORTE E REDUCCION FENDA DIXITAL ESTUDANTES. CURSO 2026_2027
ANEXO II. CERTIFICADO MATRICULA
ANEXO III. DECLARACION UNIDADE FAMILIAR
ANEXO III. BIS. AUTODECLARACION RENDA NETA PER CÁPITA
ANEXO IV. DECLARACION RESPONSABLE
ANEXO V. BIS. CONTA XUSTIFICATIVA TRANSPORTE
O artigo O Concello destina 16.000 euros para as liñas de axudas ao material, transporte e redución da fenda dixital para o curso escolar 2026-2027 publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies