Noticias y alertas

Xantar, música e baile protagonizan a Festa dos Xubilados e Xubiladas de Guitiriz con medio milleiro de participantes

21/05/2026

O Concello de Guitiriz celebrou este xoves, 21 de maio, unha nova edición da tradicional Festa dos Xubilados e Xubiladas, unha cita xa consolidada no calendario social do municipio que reuniu no Pavillón Municipal Jonathan Carro Paz a arredor de medio millar de persoas maiores de 65 anos.


A xornada desenvolveuse nun ambiente de convivencia e celebración, nun evento pensado para render homenaxe ás persoas maiores de Guitiriz e recoñecer o seu papel fundamental na vida social do concello.


Ao acto asistiron a alcaldesa de Guitiriz e deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, así como integrantes da corporación municipal, que compartiron a celebración coas veciñas e veciños participantes.


As persoas asistentes desfrutaron dun xantar de confraternidade que deu paso a unha tarde festiva marcada pola música, o baile e o tradicional sorteo de agasallos. A actuación musical de Nerea Cobas puxo o ritmo á celebración e converteu o pavillón nun espazo de encontro e diversión, nunha cita que volveu destacar pola elevada participación.


A alcaldesa, Marisol Morandeira, agradeceu a presenza de todas as persoas participantes e destacou “a importancia de manter e fortalecer este tipo de encontros, que permiten compartir tempo, experiencias e momentos especiais coa nosa xente maior”.


Ademais, a rexedora sinalou que “as persoas maiores son unha parte esencial da historia e da identidade de Guitiriz, e desde o Concello seguiremos impulsando iniciativas que fomenten o envellecemento activo, a convivencia e o recoñecemento ao labor de toda unha vida”.


O artigo Xantar, música e baile protagonizan a Festa dos Xubilados e Xubiladas de Guitiriz con medio milleiro de participantes publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies