Noticias e alertas

Guitiriz organiza este venres unha nova edición do torneo ‘Pitufiños/as’ de fútbol sala

25/05/2026

O Concello de Guitiriz celebrará este venres, 29 de maio, unha nova edición do torneo ‘Pitufiños/as’ de fútbol sala, unha cita deportiva dirixida aos máis pequenos e pequenas que terá lugar no Pavillón Municipal Jonathan Carro Paz a partir das 16:15 horas.


No torneo participarán equipos da categoría biberón procedentes do ADC Lugo Sala, ADC Piringalla, Concello de Cospeito, Concello de Curtis e dous conxuntos do Concello de Guitiriz. A competición desenvolverase con partidos simultáneos en media cancha, cunha duración de 10 minutos cada un deles, favorecendo así a participación.


Desde a organización lembran tamén que estará prohibido baixar á pista, agás no caso dos xogadores/as e dos monitores/as responsables dos equipos.


Ademais do carácter deportivo e lúdico do evento, todos os nenos e nenas participantes recibirán agasallos como recordo da súa participación nesta xornada de convivencia e deporte base.


O artigo Guitiriz organiza este venres unha nova edición do torneo ‘Pitufiños/as’ de fútbol sala publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies