Noticias e alertas

O programa ‘BTTEando por Guitiriz’ reuniu unha vintena de ciclistas na Ruta do Cordal

25/05/2026

O Concello de Guitiriz e o Club Btteiros Cova da Serpe celebraron o pasado domingo, 24 de maio, a terceira saída do ano da oitava edición do programa ‘BTTEando por Guitiriz’. Nesta ocasión, a actividade consistiu na realización da Ruta do Cordal, un percorrido que discorreu polas pistas desta serra que marca a separación entre as provincias de Lugo e A Coruña.


Nun domingo marcado polas altas temperaturas, unha vintena de ciclistas déronse cita para desfrutar dunha xornada deportiva e de convivencia polos montes da parroquia de Santa Mariña. Ao longo do percorrido, as persoas participantes puideron descubrir espazos emblemáticos da zona como o repetidor da Santa Mariña, o Boedo, un tramo da antiga N-VI e distintas aldeas da parroquia.


A saída realizouse desde a Igrexa de Santa Mariña e contou cun itinerario duns 20 quilómetros e aproximadamente 300 metros de desnivel, deseñado para fomentar o contacto coa natureza e a práctica deportiva ao aire libre.


A próxima saída do programa xa está programada para despois do verán. Será o 18 de outubro coa celebración da ruta ‘Btteando por Roca’


O artigo O programa ‘BTTEando por Guitiriz’ reuniu unha vintena de ciclistas na Ruta do Cordal publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies