Noticias y alertas

Guitiriz abre o prazo de solicitudes para o programa Guitiriz Concilia do curso 2026-2027 o luns 1 de xuño

27/05/2026

O Concello de Guitiriz abrirá o próximo luns, 1 de xuño, o prazo de solicitudes para participar durante o curso escolar 2026-2027 no programa ‘Guitiriz Concilia’, o servizo municipal de conciliación da vida laboral e familiar dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.


O programa desenvolverase en distintos horarios e localizacións. Por unha banda, ofrecerase o servizo de Madrugadores no CEIP Lagostelle e no CEIP Santo Estevo de Parga, en horario de 08:00 a 09:30 horas, co obxectivo de atender aos rapaces e rapazas antes da entrada na escola. Por outra banda, o servizo ‘Concilia Tardes’ desenvolverase no CEIP Lagostelle ata as 19:00 horas, cubrindo así o horario posterior á xornada lectiva.


‘Guitiriz Concilia’ ten como finalidade apoiar ás familias do municipio na organización diaria dos coidados, favorecendo ademais a incorporación e permanencia das persoas con fillos e fillas no mercado laboral, especialmente no caso das mulleres e dos colectivos máis vulnerables.


Durante o curso, os nenos e nenas participantes poderán tomar parte en diferentes propostas lúdicas e educativas, xogar nos distintos recunchos habilitados ou realizar tarefas escolares e estudo. As actividades estarán orientadas a fomentar o xogo grupal e non competitivo, así como valores relacionados coa igualdade, o respecto pola contorna e o coidado da natureza.


O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto ata o 30 de xuño, coa documentación dispoñible na páxina web municipal. As inscricións poderán realizarse tanto de maneira presencial como a través da Sede Electrónica municipal. Ademais, as persoas interesadas poderán obter máis información no teléfono municipal 982 370 109.


A listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas publicarase o 31 de xullo. O prazo para realizar o pagamento estará aberto do 1 ao 31 de agosto e a listaxe definitiva publicarase o 4 de setembro.


En canto ás tarifas, o servizo de Madrugadores terá un custo de 75 euros por curso para usuarios habituais (3 ou máis días por semana), 50 euros para usuarios de 1 ou 2 días semanais e 20 euros para asistencia puntual de ata 3 días ao mes. No caso de ‘Concilia Tardes’, os prezos serán de 100 euros por curso para usuarios habituais, 75 euros para asistencia de 1 ou 2 días por semana e 35 euros para usuarios de ata 3 días ao mes.


O programa contempla ademais bonificacións do 20% para familias numerosas e monoparentais, así como para familias nas que participen varios irmáns. Tamén se recollen reducións de ata o 100% por razóns sociais e benéficas.


SOLICITUDE CONCILIA CURSO GENERICA



 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 



 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


TRIPTICO


O artigo Guitiriz abre o prazo de solicitudes para o programa Guitiriz Concilia do curso 2026-2027 o luns 1 de xuño publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies