Noticias y alertas

Asuntos do pleno ordinario de maio de 2026

28/05/2026

Plan Económico Financeiro 2026-2027. Aprobado cos votos a favor do PSOE e a abstención de BNG e PP.


Resolución do procedemento de investigación da titularidade das parcelas con referencia catastral 27022A153006110000FX e 27022A153001550000FF no lugar de Brañicas (Lagostelle). Aprobada por unanimidade.


Modificación do inventario municipal de camiños no lugar de A Paderna- Parroquia de Labrada. Aprobada por unanimidade.


Resolución imposición de penalidades por incumprimento do Prego de Cláusulas Administrativas Particulares e Técnicas do Contrato Mixto dos Servizos Enerxéticos do Alumeado Exterior e dos Edificios Municipais (FACT-2025- 1774). Aprobada por unanimidade.


Bonificación ou Exención Tributaria. Bonificación no ICIO por obra de renovación da igrexa de Santa Locaia de Parga. Aprobada por unanimidade.


Bonificación ou Exención Tributaria. Bonificación no ICIO para actividade gandeira. Silo. Aprobada cos votos a favor do PSOE (+ unha abstención obrigada do concelleiro Iván Morado ao ter interés persoal no asunto a tratar), do BNG e do PP.


Moción BNG en relación á defensa dos traballadores/as galegos contra a criminalización das baixas laborais por parte da Xunta de Galicia. Aprobada cos votos a favor de PSOE e BNG e en contra do PP.


Moción BNG para o arranxo e ampliación da Ponte sobre o Rio Requeixo na zona da Presa de Merra. Aprobado por unanimidade.


Moción PSOE sobre os centros educativos públicos (CEIP Lagostelle e CEIP Plurilingüe de Parga) + Emenda de substitución do Punto 1 (Instar á Xunta de Galicia a dar resposta inmediata e por escrito ás solicitudes concretas presentadas polos centros educativos do Concello de Guitiriz, CEIP Lagostelle e CEIPP Santo Estevo de Parga, detallando para cada unha delas a actuación prevista, o prazo de execución e a dotación económica asignada). Aprobada por unanimidade.


O artigo Asuntos do pleno ordinario de maio de 2026 publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies