Noticias e alertas

A Escola Habanera acollerá o curso ‘Seguridade no Fogar’ o vindeiro 9 de xuño

01/06/2026

A Escola Habanera do Concello de Guitiriz acollerá o vindeiro 9 de xuño a formación ‘Seguridade no Fogar’, unha actividade dirixida a coidadores, familiares e persoas interesadas en mellorar a seguridade e a calidade de vida no ámbito doméstico.


A sesión desenvolverase en horario de 16:30 a 18:30 horas e contará cun certificado oficial para todas aquelas persoas que completen a formación, impartida por Olga Roca, enfermeira da Área Sanitaria de Lugo.


Durante a actividade abordaranse diferentes aspectos relacionados coa seguridade e os coidados no fogar, entre eles a adquisición de habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida no ámbito familiar, a seguridade na realización das axudas da vida diaria no domicilio, pautas para incrementar a seguridade no fogar e o uso das novas tecnoloxías como ferramentas facilitadoras da seguridade tanto dentro como fóra da casa.


As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ata o luns 8 de xuño nos Servizos Sociais municipais, chamando ao teléfono 982 370 109 (Ext. 1).



O artigo A Escola Habanera acollerá o curso ‘Seguridade no Fogar’ o vindeiro 9 de xuño publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies