01/06/2026
O Concello de Guitiriz acollerá o vindeiro mércores 17 de xuño o IV Aberto Xogo da Ra, unha actividade incluída na programación dos Xogos da Primavera e destinada a promover a participación cidadá e a recuperación dos xogos tradicionais.
A competición terá lugar no CIT de Parga, en horario de 18:00 a 19:30 horas, e contará cun máximo de 15 participantes.
As persoas interesadas en participar poderán formalizar a súa inscrición ata o 12 de xuño na Biblioteca Pública Municipal ou chamando ao teléfono 982 37 00 62, onde tamén se pode obter máis información.
A actividade e gratuíta e aberta a toda a cidadanía.
O artigo O CIT de Parga acollerá o IV Aberto Xogo da Ra do Concello de Guitiriz publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies