Noticias e alertas

A Aula CeMIT acollerá o obradoiro presencial ‘Pantallas abertas: seguridade sen filtros’

04/06/2026

A Aula CeMIT de Guitiriz será escenario do obradoiro presencial ‘Pantallas abertas: seguridade sen filtros’, unha actividade formativa gratuíta dirixida a todas as persoas interesadas en comprender mellor o impacto das redes sociais e da tecnoloxía na vida cotiá.


A sesión desenvolverase na propia Aula CeMIT o vindeiro 11 de xuño a partir das 10:00 horas e permitirá ás persoas participantes coñecer que hai detrás das redes sociais, os riscos asociados á compartición de datos persoais, o impacto da desinformación nas nosas decisións e as claves para acompañar aos fillos e fillas nun uso responsable das ferramentas dixitais.


O programa inclúe a visualización dun documental e unha sesión formativa posterior na que se afondará nestas cuestións. Esta iniciativa pretende ofrecer recursos e coñecementos prácticos para afrontar con maior seguridade e criterio os desafíos que presenta o entorno dixital actual.


As inscricións xa están abertas e poden realizarse a través do correo electrónico cemit.guitiriz@xunta.gal ou no teléfono 982 37 00 62, onde tamén se pode solicitar máis información.


O artigo A Aula CeMIT acollerá o obradoiro presencial ‘Pantallas abertas: seguridade sen filtros’ publicouse primeiro en Concello de Guitiriz.


Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies